• Home
  • Curriculum
  • Research
  • Publications
  • Doctoral Thesis
  • Group Members
  • Gallery
  • Support
  • News
  • Positions
  • Contact us
  • GI-2155

GI-2155 - Grupo de Potencial Crecemento Xunta de Galicia



O grupo GI-2155 está formado por profesores e investigadores de Química e Bioquímica e Bioloxía Molecular pertencentes a distintos Departamentos e todos eles IPs no CIQUS, o centro de investigación de Galicia que acadou a mellor valoración entre os presentados na convocatoria de acreditación da Xunta de Galicia 2016. Trátase dun grupo multidisciplinar integrado por catro IPs do CIQUS: José Manuel Martínez Costas, Eugenio Vázquez, Miguel Vázquez López, e Concepción González Bello.

O grupo de investigación traballa no ámbito da química médica, da biomedicina, da química biolóxica e a biotecnoloxía, abordando diversos aspectos relacionados con un dos principais obxetivos do Horizonte 2020, “os retos da saúde e do benestar”. As liñas de investigación van dende (i) o desenvolvemento de novas terapias para o tratamento das enfermedades infecciosas dirixidas especialmente as causadas por bacterias patóxenas de máxima prioridade según a OMS (ESKAPE pathogens, M. tuberculosis, ..), (ii) a creación de novos métodos de diagnóstico para identificación de cepas bacterianas multi-resistentes (resistentas a varios antibióticos a vez) que sexan máis sensibles e eficaces que as existentes para así facilitar e axilizar a toma de decisións por parte dos facultativos, (iii) o desenvolvemento de metodoloxías biotecnolóxicas novedosas (IT-Tagging) para a elaboración “á carta” de vacunas subunitarias eficientes para a prevención de enfermidades infecciosas ou o cancro, (iv) a preparación de sondas moleculares para ser utilizadas en bioloxía celular i en biomedicina, así como (v) o desenvolvemento de novos dispositivos moleculares basados en péptidos. O grupo combina estudos e descubrimentos básicos de alto impacto no ámbito da química, biomedicina e da biotecnoloxía, con aplicacións nos campos da bioloxía, diagnóstico e da medicina.

 


www.usc.es/ciqus/


Centro Singular de Investigación

en Química Biolóxica e

Materiais Moleculares (CIQUS)

Universidade de Santiago de Compostela (USC)

Santiago de Compostela

Spain

 

 

 

Aviso legal | Política de privacidad | Política de cookies | Mapa del sitio
Salir | Editar
  • Home
  • Curriculum
  • Research
    • Type II Dehydroquinase
    • Type I Dehydroquinase
    • Shikimate kinase
    • Structural Studies
    • Molecular Modeling Studies
  • Publications
    • Full Publication List
  • Doctoral Thesis
  • Group Members
  • Gallery
  • Support
  • News
  • Positions
  • Contact us
  • GI-2155